Documentación de usuario da aplicación

images/logo.png

No seguinte documento proporciónase a documentación de axuda necesaria para utilizar NavalPlan, a aplicación web de código aberto para a planificación de proxectos.

Esta documentación está organizada do seguinte modo:

En primeiro lugar descrébense os obxectivos fundamentais da aplicación e o comportamento global da mesma a modo introductorio e como contextualización xeral do uso da mesma.

A continuación introdúcense as entidades básicas que será necesario administrar para poder empregar todas as funcionalidades de NavalPlan e que se mencionarán nas seguintes seccións da documentación.

Posteriormente, detállanse os procesos completos de creación de pedidos e proxectos, planificación, asignación de recursos, imputación de avances e extración de resultados.

Este manual de usuario ten copyright da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia publicase cunha Licencia Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 España.

http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/es/

  1. Introdución
  2. Criterios
  3. Calendarios
  4. Avances
  5. Xestión de recursos
  6. Pedidos e elementos de pedidos
  7. Planificación de tarefas
  8. Asignación de recursos
  9. Partes de traballo
  10. Etiquetas
  11. Materiais
  12. Formularios de calidade
  13. Usuarios
  14. Xestión de custos
  15. Informes
  16. Acerca de
  17. Licencia do Manual