Introdución

Contents

O propósito deste documento é describir as características de NavalPlan e proporcionar información ós usuarios sobre como configurar e utilizar a aplicación.

NavalPlan é unha aplicación web de código aberto para a planificación de proxectos. O seu obxectivo principal é proporcionar unha solución completa para a xestión dos proxectos da empresa. Para calquera información específica que necesites sobre este software, por favor ponte en contacto co equipo de desenvolvemento en http://www.navalplan.org/contacto

images/company_view.png

Vista global de empresa

Vista global da empresa e xestión de perspectivas

Tal e como se visualiza na anterior captura, a principal pantalla da aplicación e a vista global da empresa, unha vista na que o usuario poderá visualizar a lista de proxectos planificados para coñecer o estado global da empresa, tanto a nivel de pedidos, como de uso de recursos. A vista global de empresa está, asimesmo, formada por 3 perspectivas:

images/resources_global.png

Vista global de recursos

images/order_list.png

Listado de pedidos

A xestión de perspectivas que se comentou para a vista global de empresa é moi similar á prantexada para un só proxecto. O acceso a un proxecto pódese realizar de varias formas:

Sobre un pedido, a aplicación amosa as seguintes perspectivas:

¿Por que me é útil NavalPlan?

NavalPlan é unha aplicación desenvolvida como unha ferramenta de planificación de propósito xeral. Baséase nunha serie de conceptos descubertos mediante o análisis de problemas na planificación de proxectos industriais que non estaban completamente cubertos por ningunha ferramenta de planificación existente. Outras das motivacións para o desenvolvemento de NavalPlan se baseaban en proporcionar unha alternativa de software libre, e completamente web, ás ferramentas de planficación privativas existentes.

Os conceptos esenciais que se utilizan para o programa son os seguintes:

A maiores das funcionalidades que ofrece a aplicación caben destacar outras características que o distinguen de aplicacións similares:

Convencións de usabilidade

Comportamento dos formularios

Antes de realizar unha exposición das distintas funcionalidades asociadas ós módulos máis importantes, é necesario facer unha explicación xeral da filosofía de navegación e formularios.

Existen fundamentalmente 3 tipos de formularios de edición:

  • Formularios con botón de Voltar. Estes formularios forman parte de unha navegación máis completa, e os cambios que se van realizando vanse almacenando en memoria. Os cambios só se aplican cando o usuario almacena explicitamente toda pantalla dende a que chegou a dito formulario.
  • Formularios con botón de Gardar e Pechar. Estes formularios permiten realizar 2 operacións. A primeira delas almacena e pecha a ventá actual e a segunda delas pecha sen almacenar os cambios.
  • Formularios con botón de Gardar e Continuar, "Gardar" e "Pechar". Permiten realizar 3 operacións. A primeira delas almacena pero continúa no formulario actual. A segunda almacena e pecha o formulario. E a terceira pecha a ventá sen almacenar os cambios.

Iconas e botóns estándar

  • Edición: A edición dos rexistros da aplicación pode ser realizada xeralmente a través dunha icona formada por un lápis sobre unha libreta branca.
  • Indentado esquerda: Xeralmente estas operacións son necesarias para elementos dunha árbore que se desexan mover cara niveis internos. Esta operación pode ser feita coa icona formada por unha frecha cara a dereita de cor verde.
  • Indentado dereita: Xeralmente estas operacións son necesarias para elementos dunha árbore que se desexan mover desde niveis internos cara externos. Esta operación pode ser feita coa icona formada por unha frecha cara a esquerda de cor verde.
  • Borrado: Os borrados poden ser realizados coa icona da papeleira.
  • Procura: A lupa é unha icona que indica que a entrada de texto á esquerda da mesma está pensada para a procura de elementos.

Pestanas

Existen formularios de edición e administración de contidos que se atopan representados mediante compoñentes gráficos baseados en pestanas. Dita presentación é un mecanismo para organizar a información de un formulario global en diferentes seccións que poden ser accedidas premendo nos títulos das diferentes pestanas, mantendo o estado no que se atopaban as demáis. En todos estes casos, as operacións de gardar ou cancelar que se executen afectan ó conxunto de subformularios das diferentes pestanas.

Accións explícitas e axuda contextual

Están implementados na aplicación compoñentes que proporcionan un texto descritivo adicional do elemento sobre que se atopa enfocado o transcorrer un segundo sobre os mesmos. As accións que o usuario pode executar na aplicación están explicitadas tanto nas etiquetas dos botóns e nos textos de axuda que aparecen sobre os mesmos, nas opcións do menú de navegación ou nas opcións dos menús contextuais que se despregan o premer co botón dereito na área do planificador. Asimesmo, tamén se proporcionan atallos ás operacións principais facendo dobre click nos elementos que se listan, ou asociando os eventos de teclado cos cursores e a tecla de retorno ó desprazamento polos formularios é á acción de engadir elementos, respectivamente.