Criterios
Os criterios son as entidades que se utilizan na aplicación para categorizar os recursos e as tarefas. As tarefas requiren criterios e os recursos satisfán criterios. Un exemplo de utilización de criterios é a seguinte secuencia: un recurso é asignado co criterio "soldador" (é dicir, satisfai o criterio "soldador") e unha tarefa require o criterio "soldador" para ser realizada, en consecuencia ante unha asignación de recursos a tarefas os traballadores con criterio "soldador" son os que se utilicen á hora de asignar xenéricamente (non aplica nas asignacións específicas).
No proxecto, existen varias operacións que se poden realizar con criterios:
- Administración de criterios
- Asignación de criterios a recursos.
- Asignación de criterios a tarefas.
- Filtrado de entidades por criterios. É posible filtrar tarefas e elementos de pedido por criterios para realizar operacións na aplicación. Asimesmo, os informes e gráficos de cargas de recursos son filtrables por criterios.
Das tres funcionalidades anteriores só se explica a primeira delas nesta sección deixando para seccións posteriores os dous tipos de asignación, a de recursos no capitulo "Xestión de recursos" e a de tarefas no capítulo "Planificación de tarefas".
A administración de criterios é accesible dende o menú de administración:
A operación específica para administrar criterios é Xestionar Criterios. A partir de dita operación é posible listar os criterios dispoñibles no sistema.
Premendo no botón Crear poderase acceder ó formulario de creación/edición de un criterio. A edición de un criterio farase premendo na icona de edición do mesmo.
No formulario de edición de criterios que se amosa na imaxe anterior poderanse realizar as seguintes operacións:
- Edición do nome do criterio
- Indicar se é posible asignar varios valores simultaneamente ó mesmo elemento para o tipo de criterio seleccionado. Por exemplo, un recurso que satisfai dous criterios, soldador e torneiro.
- Indicar o tipo do criterio:
- Tipo xenérico: Criterio que pode satisfacer indistintamente unha máquina ou un traballador.
- Tipo traballador: Criterio que pode satisfacer un traballador exclusivamente.
- Tipo máquina: Criterio que pode satisfacer unha máquina exclusivamente.
- Indicar se o criterio é xerárquico ou non. Existen casos nos que os criterios deben ser tratados xerarquicamente, é dicir, que o feito de ser un criterio asignado a un elemento non folla faga que este criterio estea asignado automaticamente ós fillos. Un exemplo claro de xerarquización de criterios é o criterio localización, unha persoa que teña asignado Galicia como localización pertence á localización España por ser xerárquico.
- Indicar se o criterio está habilitado e deshabilitado. Esta é a forma de borrar criterios. Debido a que unha vez creado un criterio, e utilizado en datos históricos, estes non poden ser borrados, o criterio debe existir no sistema. Para evitar que este criterio saia en diferentes elementos de selección, pode ser invalidado.
- Realizar unha descrición do criterio.
- Engadir novos valores. Na segunda parte do formulario aparece unha entrada de texto con un botón Novo Criterio.
- Editar o nome dos criterios existentes.
- Desprazar verticalmente os criterios na lista dos existentes.
- Eliminar un valor de criterio da lista.
O formulario de administración de criterios é un formulario que responde ás características dos formularios comentados na introdución como de 3 operacións (gardar, gardar e pechar e pechar).