Avances

Contents

O avance dun proxecto marca o grao no que se está cumprindo co alcance estimado para a realización do mesmo, ademais, o avance dunha tarefa indica ese mesmo grao para o alcance estimado para dita tarefa.

Xeralmente os avances non teñen un modo automático de ser medidos, e é unha persoa quen en base á experiencia ou á realización de unha lista de chequeo determina o grao de compleción de unha tarefa ou un proxecto.

Cabe destacar que hai unha diferencia importante entre a uso de horas asignadas a unha tarefa ou proxecto, co grao de avance nesa mesma tarefa ou proxecto. Mentres que o uso de horas pode estar en desvío ou non, o proxecto pode estar nun grao de avance inferior ou superior ó estimado para o día no que se está controlando. Prodúcense, debido a estas dúas medidas, varias posibles situacións:

O contraste de estas posibles situacións é posible realizalo dende a propia planificación, utilizando información do grao de avance e por outro lado do grao de uso de horas. Neste capítulo tratarase a introdución da información para poder levar un control do avance.

A filosofía implantada no proxecto para o control do avance está baseada en que o usuario divida ata o punto no que desexa o control de avances dos seus proxectos. En consecuencia, se o usuario desexa controlar a nivel de pedido, só debe introducir información nos elementos de nivel 1, cando se desexa poder dispoñer de un control máis fino sobre as tarefas, debe introducir información de avances en niveis inferiores, sendo o sistema que propaga cara arriba na xerarquía todos os datos.

Xestión de tipos de avance

Cada empresa pode ter unhas necesidades diferentes de control do avance dos seus proxectos, e concretamente das tarefas que os compoñen. Por esta razón, foi necesario contemplar a existencia dunhas entidades no sistema chamadas "tipos de avance". Os tipos de avance son diferentes tipoloxías que cada usuario pode dar de alta no sistema para medir o avance dunha tarefa. Por exemplo, unha tarefa pode ser medida porcentualmente, pero ó mesmo tempo ese avance porcentual se traduce en un avance en Toneladas sobre o acordado co cliente.

Un tipo de avance está caracterizado por un nome, un valor máximo e unha precisión:

O sistema conta con dous tipos de avance creados por defecto:

images/tipos-avances.png

Administración de tipos de avances

O usuario pode crear novos tipos de avance do seguinte xeito:

Introdución de avances en base a tipo

A introdución dos avances realízase sobre os elementos de pedido, sen embargo, é posible facelo con un atallo dende as tarefas de planificación. É responsabilidade do usuario da aplicación a decisión sobre que tipos de avance desexa asociar a cada elemento de pedido.

É posible introducir un tipo de avance único e defectivo para todo un pedido.

Antes de poder realizar medidas de avance, é necesario asociar o tipo elixido ó pedido, por exemplo, un avance de tipo porcentaxe para medir porcentualmente os avances realizados sobre o total da tarefa, ou un avance de tipo pactado por se se queren introducir a futuro medicións de avances pactadas co cliente.

images/avance.png

Pantalla de introdución de avances con visualización gráfica.

Para introducir medicións de avance é necesario realizar o seguinte:

Contraste de avances sobre un elemento do pedido

É posible contrastar graficamente as evolucións dos avances dos pedidos en base ás medicións realizadas. Cada tipo de avance dispón dunha columna con botóns de chequeo (de título "Amosar") o cal ó ser marcado se amosa a gráfica de evolucións de medidas realizadas sobre o elemento de pedido.

images/contraste-avance.png

Contraste de varios avances.