Contents
A aplicación xestiona dous tipos de recursos diferentes: recursos traballadores e recursos máquinas.
Os recursos traballadores representan os traballadores das empresas. As características principais son:
Os recursos máquina representan as máquinas das empresas. As características principais son:
O usuario pode crear, editar e invalidar (nunca borrar definitivamente) traballadores da empresa dende a pestana de "Recursos". Dende dita pestana existen as seguintes operacións:
A xestión de traballadores realizarase dende a pestana de "Recursos" e a operación de "Lista de traballadores". Dende a lista de recursos é posible editar cada un dos traballadores premendo na icona estándar de edición.
Unha vez na edición dun recurso, o usuario pode acceder ás seguintes pestanas:
Edición de datos persoais de traballador
Asociación de criterios a traballador
Pestana de calendario para un recurso
Pestana de categoría de custo para recurso
A asignación de recursos explícase na sección de asignación de recursos.
As máquinas son recursos a todos os efectos, polo cal, tal e como sucede cos traballadores, as máquinas son administrables e asignables a tarefas. A asignación de recursos tratarase na sección de asignación. Neste punto explicaranse as características específicas das máquinas.
As máquinas son administradas dende a entrada de menú "Recursos". En dita sección existe unha operación chamada "Listado de máquinas" que permite a visualización das máquinas que dispoñen nunha empresa. A partir deste listado poderase editar ou borrar unha máquina.
Na edición dunha máquina o sistema amosa unha serie de pestanas dende as cales se permite administrar diferentes datos:
Pestana de datos da máquina. Pestana para a edición de datos identificativos das máquinas. Os datos modificables nesta pestana son:
i Nome.
ii Código da máquina.
iii Descrición da máquina.
Edición de datos de máquina
Asignación de criterios a máquinas
Asignación de calendario a máquina
Pestana de configuración de máquinas: Dende esta pestana é posible configurar a relación das máquinas cos recursos traballadores existentes. Unha máquina dispón de un alfa que indica a relación entre a máquina e os recursos implicados, tal e como xa se comentou, un alfa de 0.5 indica que se consume traballo de 0.5 persoas para cada xornada completa de máquina. O sistema, a partir dun alfa, crea automaticamente asignacións á traballadores que estean dalgún xeito relacionados coa máquina unha vez se asigna unha máquina a unha tarefa. A forma de relacionar un traballador con unha máquina pódese facer de dous xeitos:
i Asignando especificamente un rango de datas nas que o traballador se desexa asignar a unha máquina. É unha asignación específica de modo que o sistema asigna automaticamente horas ó traballador cando se planifique a máquina.
ii Asignando especificamente criterios que se desexa satisfagan os traballadores que sexan asignados ás máquinas. Deste xeito farase unha asignación xenérica ós traballadores que satisfán os criterios.
Configuración de máquina
Asignación de categoría de custo a máquina
A aplicación permite a creación de recursos no sistema os cales non son traballadores reais, senón que son persoal simulado que permite aumentar a capacidade produtiva nun momento determinado segundo as configuracións que se definan do seu calendario.
Mediante os grupos de traballadores virtuais é posible comprobar como se vería afectada a planificación dos proxectos contratando e asignando persoal que satisfaga os criterios que se definan, axudando deste modo no proceso de toma de decisións
As pestanas das que consta o formulario de creación de grupos de traballadores virtuais son as mesmas que as que permiten configurar os traballadores, e dicir:
- Datos xerais
- Criterios asignados
- Calendarios
- Horas asociadas
A diferencia con respecto ós traballadores, é que nos grupos de traballadores virtuais especifícase un nome para o grupo e unha cantidade que se corresponde co número de persoas reais que forman este grupo. Adicionalmente existe un campo de observacións no que se pode aportar información adicional como por exemplo para que proxecto estaría prevista a contratación do equivalente do grupo de recursos virtuais, etc.
Recursos virtuais
Os recursos limitantes son un tipo especial de elementos productivos que só poden atoparse non asignados ou con un 100% de dedicación. Ou o que é o mesmo, non poden ter mais de unha tarefa asignada ó mesmo tempo ou atoparse sobreplanificados.
Por cada elemento limitante créase automáticamente unha cola para que as tarefas que ten planficadas poidan ser xestionadas de forma específica mediante os métidos de asignación proporcionados, realizando asignacións automáticas das tarefas ás colas que cumplan os criterios que requiren ou movendo tarefas entre colas.