Contents
Os pedidos son as entidades que describen os traballos a realizar por parte dos usuarios que utilicen a aplicación. Cada pedido correspóndese cos proxectos que as empresas van a ofrecerlles ós seus clientes.
Un pedido está formado por unha ou varias liñas de pedido. Cada liña de pedido correspóndese coa estruturación que se desexe realizar sobre os traballos dentro dese pedido. As liñas de pedido organízanse de xeito xerárquico sen limitacións de profundidade. O feito de que as liñas de pedido se organicen de xeito xerárquico marca o funcionamento de diversas características herdables, tal como as etiquetas.
Nas seguintes seccións describiranse as operacións que un usuario pode realizar cos pedidos e as liñas de pedidos.
Un pedido é un proxecto ou traballo que un cliente lle solicita a unha empresa. O pedido para o planificador identifica a entidade de proxecto dentro da empresa. A diferencia das aplicacións de xestión globais, "NavalPlan" só necesita utilizar certos datos dos pedidos. Estes datos son:
Sen embargo, o propio pedido está relacionado con outras entidades que finalmente o dotan de unha maior riqueza:
Para editar ou crear un pedido é posible realizalo dende varios puntos da aplicación:
Accedendo á perspectiva de "Lista de pedidos" dentro da vista global de empresa.
- A edición realízase premendo no botón de editar sobre o pedido elixido.
- A creación realízase premendo en "Novo pedido".
Accedendo a un pedido no diagrama de Gantt e cambiando de perspectiva á de detalles de pedido.
Dende a edición de pedido é posible acceder ás seguintes pestanas:
Edición de pedido
Listado de elementos de pedido
Asignación de horas imputadas ó pedido polos traballadores
Etiquetas de pedido
Criterios de pedido
Materiais. Pantalla na que se pode asignar o material dispoñible ó pedido. O material é seleccionable de entre as categorías de material que existen na aplicación. Os materiais son xestionados do seguinte modo:
- O usuario selecciona a pestana que se amosa na zona inferior da pantalla chamada "Procura de materiais".
- O usuario pode introducir un texto para a procura de materiais ou seleccionar as categorías para as que se desexa amosar materiais.
- O sistema filtra os resultados.
- O usuario selecciona os materiais que desexa (para seleccionar máis de un material o usuario pode premer no botón "Ctrl" que permite a selección múltiple no listado.
- O usuario preme en "Asignar".
- O sistema amosa o listado de materiais xa asignado ó pedido.
- O usuario selecciona as unidades e o estado que desexa asignarlle ó pedido.
- O usuario preme en "Gardar" ou "Gardar e Continuar".
- Se o usuario desexa xestionar a recepción de material, o sistema permite premer en "Dividir" para cambiar o estado dunha cantidade parcial de materiais.
Material asociado a un pedido
Formulario de calidade asociado ó pedido
A edición de elementos de pedido realizase dende a pestana de listado de elementos de pedido a partir da icona de edición. Se o usuario preme na icona de edición, o sistema amosa unha nova pantalla dende a que o usuario pode realizar o seguinte:
As seguintes subseccións tratan cada un das operacións en profundidade.
A edición de información de elemento de pedido inclúe a edición dos seguintes datos:
Edición de elemento de pedido
A pestana de "Horas asignadas" permite visualizar os partes de traballo asociados a un elemento de pedido e ó mesmo tempo permite visualizar cantas horas das presupostadas están xa realizadas.
Horas asignadas a elementos de pedido
A pantalla está dividida en dúas partes:
A introdución de tipos de avances e xestión dos avances dos elementos de pedido foi descrita no capítulo de "Avances".
As etiquetas, tal e como se describen no capítulo adicado ás mesmas, son entidades que permiten categorizar os elementos de pedido. Deste xeito, o usuario pode agrupar información de planificación ou pedidos en base a elas.
Un usuario pode asignar etiquetas directamente a un elemento de pedido ou ben a un antecesor na xerarquía dese elemento de pedido. A partir do momento no que se asigna unha etiqueta dun dos dous xeitos anteriores, tanto o elemento de pedido como a tarefa de planificación asociada estan asociadas a dita etiqueta, sendo utilizadas para posteriores filtrados.
Asignación de etiquetas para elementos de pedido
Tal e como se pode ver na imaxe, dende a pestana de etiquetas, o usuario pode realizar as seguintes operacións:
Tanto un pedido como un elemento de pedido poden ter asignados os criterios que se esixen para ser realizados. Os criterios poden afectar de xeito directo ou de xeito indirecto:
A maiores do criterio esixido, é posible definir un ou varios grupos de horas que forman parte do elemento de pedido. Dependendo de se o elemento de pedido contén outros elementos de pedido como fillos ou é un nodo folla. No primeiro dos casos os datos de horas e grupos de horas son solo visualizables e no caso de nodos folla son editables. O funcionamento neste segundo caso é o seguinte:
Por defecto, o sistema crea un grupo de horas asociado ó elemento de pedido. Os datos modificables para un grupo de horas son:
- Código do grupo de horas, se non é autoxenerado.
- Tipo de criterio. O usuario pode elixir se desexa asignar un criterio de tipo máquina ou traballador.
- Número de horas do grupo de horas.
- Lista de criterios que se aplican ó grupo de horas. Para engadir novos criterios o usuario debe premer en "Engadir criterio" e seleccionar un no buscador que aparece tras premer no botón.
O usuario pode engadir novos grupos de horas con características diferentes que os grupos de horas anteriores. Exemplo disto sería que un elemento de pedido debe ser feito por un soldador (30h) e por un pintor (40h).
Asignación de criterios a elementos de pedidos
Os materiais son xestionados nos proxectos como un listado asociado a cada liña de pedido ou a un pedido globalmente. O listado de materiais está formado polos seguintes campos:
O modo de traballar cos materiais é o seguinte:
Procura de material
Asignación de material a elemento de pedido
Para control posterior dos materiais é posible cambiar o estado dun grupo de unidades do material recibido. Esta operación realízase do seguinte modo:
A utilidade desta operación de división é a de poder recibir entregas parciais de material sin necesidade de esperar a recibilo todo para marcalo como recibido.
Existen elementos de pedido que deben certificar que certas tarefas foron realizados para poder ser marcadas como completadas. É por iso que xurden os formularios de calidade, os cales están formados por unha lista de preguntas que poden ter asignado un peso segundo sexa contestada positivamente.
É importante destacar que un formulario de calidade debe ser creado previamente para poder ser asignado ó elemento de pedido.
Para xestionar os formulario de calidade:
Asignación de formulario de calidade a elemento de pedido
A aplicación amosa un buscador de formularios de calidade. Existen dous tipos de formularios de calidade: por elementos ou porcentaxe.
- Por elementos: Cada elemento é independente.
- Por porcentaxe: Cada pregunta incrementa o avance no elemento de pedido en un porcentaxe. As porcentaxes deben ser incrementales ata o 100%.
O usuario selecciona un dos formularios dados de alta dende a interface de administración e preme en "Asignar".
A aplicación asigna o formulario elixido no listado de formularios asignados ó elemento de pedido.
O usuario preme no botón "Editar" do elemento de pedido.
A aplicación desprega as preguntas do formulario de calidade no listado inferior.