Asignación de recursos

Contents

A asignación de recursos é unha das partes máis importantes da aplicación. A asignación de recursos pode realizarse de dous xeitos diferentes:

Cada unha das asignacións é explicada nas seguintes seccións.

Para realizar calquera das dúas asignacións de recursos é necesario dar os seguintes pasos:

images/resource-assignment-planning.png

Menú de asignación de recursos

images/resource-assignment.png

Asignación de recursos

images/resource-assignment-search.png

Procura de asignación de recursos

Asignación específica

A asignación específica é aquela asignación de un recurso de xeito concreto e específico a unha tarefa de un proxecto, é dicir, o usuario da aplicación está decidindo que "nome e apelidos" ou qué "máquina" concreta debe ser asignada a unha tarefa.

A asignación específica é realizable dende a pantalla que se pode ver na imaxe:

images/asignacion-especifica.png

Asignación específica de recursos

A aplicación, cando un recurso é asignado específicamente, crea asignacións diarias en relación á porcentaxe de recurso diario que se elixiu para asignación, contrastando previamente co calendario dispoñible do recurso. Exemplo: unha asignación de 0.5 recursos para unha tarefa de 32 horas fai que se asignen ó recurso específico (supoñendo un calendario laboral de 8 horas diarias) 4 horas diarias para realizar a tarefa.

Asignación específica de máquinas

A asignación específica de máquinas actúa do mesmo xeito que a de traballadores, é dicir, cando se asigna unha máquina a unha tarefa, o sistema almacena unha asignación de horas específica á máquina elixida. A diferencia principal é que no momento de asignar unha máquina, o sistema busca o listado de traballadores ou criterios asignados á máquina:

  • Se a máquina tiña un listado de traballadores asignados, elixe entre o número deles que requira a máquina para o calendario asignado. Por exemplo, se o calendario da máquina é de 16 horas diarias e dos recursos de 8, asigna dous recursos da lista de recursos dispoñibles.
  • Se a máquina tiña un criterio ou varios asignados, realiza asignacións xenéricas entre os recursos que satisfán os criterios asignados á máquina.

Asignación xenérica

A asignación xenérica é aquela asignación onde o usuario non elixe os recursos concretamente, deixando a decisión á aplicación de como reparte as cargas entre os recursos dispoñibles da empresa.

images/asignacion-xenerica.png

Asignación xenérica de recursos

O sistema de asignación utiliza como base os seguintes supostos:

Sen embargo, o sistema non falla naqueles casos nos que non se asignen criterios senón que todos os recursos satisfán o non requirimento de criterios.

O algoritmo de asignación xenérica actúa do seguinte xeito:

Asignación xenérica de máquinas

A asignación xenérica de máquinas actúa do mesmo xeito que a de traballadores, é dicir, cando se asigna unha máquina a unha tarefa, o sistema almacena unha asignación de horas xenérica a cada unha das máquinas que satisfán os criterios, tal e como se describiu xenericamente para os recursos en xeral. Sen embargo, tratándose de máquinas o sistema realiza a seguinte operación a maiores:

  • Para cada máquina elixida para a asignación xenérica:
    • Recolle a información de configuración da máquina, é dicir, alfa, traballadores e criterios asignados.
    • Se a máquina tiña un listado de traballadores asignados, elixe entre o número deles que requira a máquina dependendo do calendario asignado. Por exemplo, se o calendario da máquina é de 16 horas diarias e dos recursos de 8, asigna dous recursos da lista de recursos dispoñibles.
    • Se a máquina tiña un criterio ou varios asignados, realiza asignacións xenéricas entre os recursos que satisfán os criterios asignados á máquina.

Asignación avanzada

A asignación avanzada permite deseñar as asignacións que se realizan automaticamente pola aplicación de xeito máis personalizado. Esta operación permite elixir manualmente as horas diarias que adican os recursos ás tarefas que están asignadas ou definir unha función que se lle aplica a ditas asignacións.

Para xestionar a asignación avanzada os pasos a dar son os seguintes:

images/advance-assignment.png

Asignación avanzada de recursos

images/stretches.png

Configuración de función por tramos