Partes de traballo

Contents

Os partes de traballo permiten o seguimento das horas que dedican os recursos existentes ás tarefas nas que están planificados.

A aplicación permite configurar novos formularios de introdución de horas dedicadas, especificando os campos que se desexa que figuren nestes modelos, así como incorporar os partes das tarefas que son realizadas polos traballadores e facer un seguimento dos mesmos.

Antes de poder engadir entradas con dedicación dos recursos, é necesario especificar como mínimo un tipo de parte de traballo o cal define a estrutura que teñen todas as filas que se engadan no mesmo. Poden crearse tantos tipos de partes de traballo no sistema como sexa necesario.

Tipos de partes de traballo

Un parte de traballo consta dunha serie de campos comúns para todo o parte, e un conxunto de liñas de parte de traballo con valores específicos para os campos definidos en cada unha das filas. Por exemplo, o recurso e a tarefa son comúns para todos os partes, sen embargo, pode haber campos novos como "incidencias", que non se desexen en todos os tipos.

É posible configurar diferentes tipos de partes de traballo para que unha empresa diseñe os seus partes dependendo das necesidades para cada caso:

images/work-report-types.png

Tipos de partes de traballo

A administración dos tipos de partes de traballo permite configurar este tipo de características, así como engadir novos campos de texto ou de etiquetas opcionais. Dentro da primeira das pestanas da edición dos tipos de partes de traballo pódese configurar o tipo para os atributos obrigatorios (se son globais para todo o parte, ou se especifican a nivel de liña), e engadir novos campos opcionais.

Os campos obrigatorios que deben figurar en todos os partes de traballo son os seguintes:

Existe a posibilidade de engadir novos campos ós partes:

images/work-report-type.png

Creación de tipo de parte de traballo con campos personalizados

Para os campos de data, recurso e elemento de pedido, poden configurarse se figuran na cabeceira do parte e polo tanto son globais ó mesmo, ou se son engadidos en cada unha das filas.

Finalmente, poden engadirse novos campos de texto adicionais ou etiquetas ás existentes no sistema, tanto para a cabeceira dos partes de traballo como en cada unha das liñas, mediante os campos de Texto Complementario e Tipos de etiquetas, respectivamente. Na pestana de Xestión de campos adicionais e etiquetas, o usuario pode configurar a orde na que introducir ditos elementos nos partes de traballo.

Listado de partes de traballo

Unha vez configurados os formatos dos partes a incorporar ó sistema, pódense introducir os datos no formulario creado segundo a estrutura definida no tipo de parte de traballo correspondente. Para facelo, é necesario seguir os seguintes pasos:

images/work-report-type.png

Estrutura do parte de traballo a partir do tipo