Etiquetas

Contents

As etiquetas son entidades que se utilizan na aplicación para a organización conceptualmente de tarefas ou elementos de pedido.

As etiquetas categorizanse segundo os tipos de etiquetas. Unha etiqueta só pertence a un tipo de etiqueta, sen embargo, nada impide crear tantas etiquetas similares que pertenzan a tipos de etiquetas diferentes.

Tipos de etiquetas

Os tipos de etiquetas utilízanse para agrupar tipoloxías de etiquetas que os usuarios desexen xestionar na aplicación. Exemplos de tipos de etiquetas posibles:

  1. Cliente: O usuario podería estar interesado en etiquetar as tarefas, pedidos ou elementos de pedido en base ó cliente que os solicitou.
  2. Zona: O usuario podería estar interesado en etiquetar as tarefas, pedidos ou elementos de pedido en base á zona na que se realizan.

A administración de tipos de etiquetas xestionarase dende a opción de menú de "Administración". É dende esta opción, dende a que o usuario pode editar tipos de etiqueta, crear novos tipos de etiqueta ou engadir etiquetas a tipos de etiquetas. Dende dita operación pode accederse ó listado de etiquetas.

images/tag-types-list.png

Lista de tipos de etiquetas

Dende o listado de tipos de etiquetas é posible:

  1. Crear novo tipo de etiquetas.
  2. Editar un tipo de etiquetas existente.
  3. Borrar un tipo de etiquetas con todas as súas etiquetas.

Tanto a edición como a creación de etiquetas comparten formulario. Dende dito formulario o usuario pode asignar un nome ó tipo de etiquetas, crear ou borrar etiquetas e almacenar os cambios. Para realizar isto:

  1. O usuario debería seleccionar unha etiqueta a editar ou premer no botón de creación de unha nova.
  2. O sistema amosa un formulario con unha entrada de texto para o nome e un listado de entradas de texto coas etiquetas existentes e asignadas.
  3. Se o usuario desexa engadir unha nova etiqueta debe premer no botón "Etiqueta nova".
  4. O sistema amosa unha nova fila ó listado con unha entrada de texto baleira que o usuario debe editar.
  5. O usuario introduce un nome para a etiqueta.
  6. O sistema engade o nome ó listado.
  7. O usuario preme en "Gardar" para gardar e saír ou "Gardar e Continuar" para gardar e continuar editando o formulario.
images/tag-types-edition.png

Edición de tipos de etiquetas

Etiquetas

As etiquetas son entidades que pertencen a un tipo de etiqueta. Estas entidades poden ser asignadas a elementos de pedido. O feito de asignar unha etiqueta a un elemento de pedido fai que todos os elementos descendentes dese elemento herden a etiqueta á que pertencen. O feito de contar con unha etiqueta asignada permite que eses elementos saian filtrados nos puntos nos que se ofrece a posibilidade de procura:

  1. Procura de tarefas no diagrama de Gantt.
  2. Procura de elementos de pedido no listado de elementos de pedido.
  3. Filtrados para informes.

A asignación de etiquetas a elementos de pedido é cuberta no capítulo de pedidos.