Contents
É posible xestionar unha base de datos de materiais básica organizados por categorías.
As categorías son contedores ós que se poden asignar materiais concretos e ó mesmo tempo máis categorías. Almacénanse en modo arbóreo de xeito que os materiais poden pertencer a categorías folla ou categorías intermedias.
Para administrar categorías:
Se o usuario desexa posicionar unha categoría dentro da árbore de categorías debe seleccionar previamente a categoría pai en dita árbore para despois premer en "Engadir".
Pantalla de administración de materiais
Para administrar materiais:
O usuario selecciona a categoría para a que desexa incluír materiais e preme no botón "Engadir" na zona dereita de "Materiais".
A aplicación engade unha nova fila baleira con campos para introducir os datos do material:
- Código: Código do tipo de material (pode ser o código externo provinte dun ERP).
- Descrición: Descrición do material.
- Prezo da unidade: Prezo unitario de cada elemento de material.
- Unidade: Unidade na que se desexa medir cada unidade de material.
- Categoría: Categoría á que pertence.
- Deshabilitado: Se o material está borrado ou non.
O usuario enche os campos e preme no botón "Gardar".
A asignación de materiais a elementos de pedidos explícase no capítulo de "Pedidos".