Usuarios

Contents

Administración de usuarios

O sistema de usuarios de "NavalPlan" permite xestionar perfiles, permisos e usuarios. Un usuario pertence a un perfil de usuario e por outro lado os perfiles poden ter unha serie de roles predefinidos para o acceso á aplicación. Os roles son os permisos definidos sobre "NavalPlan". Exemplos de roles:

Os roles están predefinidos no sistema. Un perfil de usuario está composto por un ou varios roles, de modo que se comproban roles ós que pertencen os usuarios para realizar certas operacións.

Os usuarios pertencen a un ou varios perfiles ou directamente a un ou varios roles, de modo que se pode asignar permisos específicos ou un grupo de permisos xenérico.

Para administrar usuarios é necesario realizar os seguintes pasos:

images/manage-user.png

Administración de usuarios

Administración de perfiles

Para administrar os perfiles da aplicación é necesario dar os seguintes pasos:

  • Acceder á operación de "Xestionar perfiles de usuario" do menú de "Administración".

  • A aplicación amosa un listado de perfiles.

  • Premer o botón de edición do perfil elixido ou premer no botón "Crear".

  • A aplicación amosa un formulario cos seguintes campos:

    • Nome
    • Lista de roles (permisos) asociados ó perfil. Para engadir un rol asociado ó perfil deberase seleccionar un da lista de roles e premer en "Engadir".
images/manage-user-profile.png

Xestión de perfiles de usuarios

  • Premer en "Gardar" ou "Gardar e Continuar" e o sistema almacena o perfil creado ou modificado.