Xestión de custos

Contents

Custos

A xestión de custos está prantexada para poder realizar unha previsión estimativa dos custos dos recursos de un proxecto. Para a xestión de custos determinouse a existencia das seguintes entidades:

Administración de tipos de horas traballadas

Para dar de alta tipos de horas traballadas é necesario dar os seguintes pasos:

  • Seleccionar a operación "Administrar tipos de hora de traballo" no menú de "Administración".
  • A aplicación amosa o listado de tipos de hora existentes.
images/hour-type-list.png

Lista de tipos de horas

  • O usuario preme na icona de "Editar" ou preme no botón "Crear".
  • A aplicación amosa un formulario de edición do tipo de hora.
images/hour-type-edit.png

Edición de tipos de horas

  • O usuario introduce ou modifica:

    • O nome do tipo de hora.
    • O código do tipo de hora.
    • O prezo por defecto.
    • Activación/Desactivación do tipo de hora.
  • O usuario preme en "Gardar" ou "Gardar e Continuar".

Categorías de custo

Para dar de alta categorías de custo é necesario dar os seguintes pasos:

  • Seleccionar a operación "Administrar categorías de custo" no menú de "Administración".
  • A aplicación amosa o listado de categorías existentes.
images/category-cost-list.png

Lista de categorías de custo

  • O usuario preme na icona de "Editar" ou preme no botón "Crear".
  • A aplicación amosa un formulario de edición da categoría de custo.
images/category-cost-edit.png

Edición de categorías de custo

  • O usuario introduce ou modifica:

    • O nome da categoría de custo.

    • Activación/Desactivación do tipo de hora.

    • Listado de tipos de hora que forman parte da categoría. Para cada tipo de hora:

      • Tipo de hora: Elixir un dos tipos de hora existentes no sistema. Se non existen ningún é necesario crealo (explícase na subsección anterior).
      • Data de inicio e data fin (opcional esta segunda) do período no que afecta a categoría de custo.
      • Prezo por hora para esta categoría especificamente.
  • O usuario preme en "Gardar" ou "Gardar e Continuar".

A asignación de categorías de custo a recursos pode verse no capítulo de recursos. Acceder á sección de "Recursos".