Contents
"NavalPlan" está integrado con JasperReports para a xestión de informes o cal permite implantar diversos informes que analiza datos existentes na aplicación.
Os informes definidos son:
Informe de pedidos. Amosa unha fila por cada tarefa do pedido. Os campos que se amosan por cada tarefa son:
- Código
- Nome
- Data estimada inicio
- Data primeiro parte
- Data estimada fin
- Data último parte
- Data deadline (se existe)
- Porcentaxe de Avance (o marcado como propaga).
- Estado actual: Finalizada, En Curso, Pendente, Bloqueada.
- Estado deadline: Superado, Non superado, En blanco (se non existe deadline).
Informe de partes de traballo. O informe amosa o resumo de horas traballadas segundo os partes de traballo.
Informe de horas traballadas por traballador ou grupo de traballadores. Informe que amosa o resumo por data e subtotal de horas traballadas por recurso existente na aplicación.
Informe de lista de avances dos proxectos. Informe que amosa unha fila por cada pedido filtrado de modo que se visualiza o avance dos distintos tipos de avances seleccionados.
Informe que lista as horas traballadas de un proxecto. Permite coñecer as:
- Horas estimadas (HE)
- Horas planificadas totais (HP Total)
- Horas planificadas (HP)
- Horas reais (HR)
- Avance medido (AM)
- Avance imputado (AI)
- Avance planificado (AP)
- Desfase en Custo (CV)
- Desfase en Planificación (SV)
- Ratio desfase en custo (CPI)
- Ratio desfase en planificación (SPI)
Informe de horas realizadas e imputadas por tipo de traballo.
Informe de horas realizadas e imputadas por etiquetas.
Informe de custos dos recursos asignados a tarefas en base ós tipos de horas.