Contents
Este documento con copyright da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia é publicado cunha Licencia Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 España.
http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/es/
CREATIVE COMMONS CORPORATION NON É UN DESPACHO DE AVOGADOS E NON PROPORCIONA SERVIZOS XURÍDICOS. A DISTRIBUCIÓN DESTA LICENZA NON CREA UNHA RELACIÓN AVOGADO-CLIENTE. CREATIVE COMMONS PROPORCIONA ESTA INFORMACIÓN TAL CAL (ON AN "AS-IS" BASIS). CREATIVE COMMONS NON CONFIRE NINGUNHA GARANTÍA RESPECTO DA INFORMACIÓN PROPORCIONADA, NIN ASUME NINGUNHA RESPONSABILIDADE POR DANOS PRODUCIDOS COMO CONSECUENCIA DO SEU USO.
A OBRA OU A PRESTACIÓN (SEGUNDO SE DEFINE MÁIS ADIANTE) PROPORCIONASE BAIXO OS TERMOS DESTA LICENZA PÚBLICA DE CREATIVE COMMONS (CCPL OU LICENZA). A OBRA OU A PRESTACIÓN ESTÁ PROTEXIDA POLA LEI ESPAÑOLA DE PROPIEDADE INTELECTUAL E/OU CALQUERA OUTRA NORMA QUE RESULTE DE APLICACIÓN. ESTÁ PROHIBIDO CALQUERA USO DA OBRA OU PRESTACIÓN DIFERENTE AO AUTORIZADO POR ESTA LICENZA OU AO DISPOSTO NA LEI DE PROPIEDADE INTELECTUAL.
POR MEDIO DO EXERCICIO DE CALQUERA DEREITO SOBRE A OBRA OU A PRESTACIÓN, VOSTEDE ACEPTA E CONSENTE AS LIMITACIÓNS E OBRIGAS DESTA LICENZA, SEN PREXUÍZO DA NECESIDADE DE CONSENTIMENTO EXPRESO EN CASO DE VIOLACIÓN PREVIA DOS SEUS TERMOS. O LICENCIADOR CÉDELLE OS DEREITOS CONTIDOS NESTA LICENZA, SEMPRE QUE VOSTEDE ACEPTE OS PRESENTES TERMOS E CONDICIÓNS.
- Definicións
- A obra é a creación literaria, artística ou científica ofrecida nos termos desta licenza.
- Nesta licenza considérase unha prestación calquera interpretación, execución, fonograma, gravación audiovisual, emisión ou transmisión, simple fotografía ou outros obxectos protexidos pola lexislación de propiedade intelectual vixente aplicábel.
- A aplicación desta licenza a unha colección (definida máis adiante) afectaralle unicamente á súa estrutura en canto forma de expresión da selección ou disposición dos seus contidos, mais non é extensiva a estes. Neste caso a colección terá a consideración de obra para os efectos desta licenza.
- O titular orixinario é:
- No caso dunha obra literaria, artística ou científica, a persoa natural ou grupo de persoas que creou a obra.
- No caso dunha obra colectiva, a persoa que a edite e divulgue baixo o seu nome, salvo pacto contrario.
- No caso dunha interpretación ou execución, o actor, cantante, músico, ou calquera outra persoa que represente, cante, lea, recite, interprete ou execute de calquera forma unha obra.
- No caso dun fonograma, o produtor fonográfico, é dicir, a persoa natural ou xurídica baixo a iniciativa e responsabilidade da cal se realiza por primeira vez unha fixación exclusivamente sonora da execución dunha obra ou doutros sons.
- No caso dunha gravación audiovisual, o produtor da gravación, é dicir, a persoa natural ou xurídica que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade das fixacións dun plano ou secuencia de imaxes, con ou sen son.
- No caso dunha emisión ou dunha transmisión, a entidade de radiodifusión.
- No caso dunha simple fotografía, aquela persoa que a realizou.
- No caso doutros obxectos protexidos pola lexislación de propiedade intelectual vixente, a persoa que esta indique.
- Consideraranse obras derivadas aquelas obras creadas a partir da licenciada, como por exemplo: as traducións e adaptacións; as revisións, actualizacións e anotacións; os compendios, resumos e extractos; os arranxos musicais e, en xeral, calquera transformación dunha obra literaria, artística ou científica. Para evitar a dúbida, se a obra consiste nunha composición musical ou gravación de sons, a sincronización temporal da obra cunha imaxe en movemento (synching) será considerada como unha obra derivada para os efectos desta licenza.
- Terán a consideración de coleccións a compilación de obras alleas, de datos ou doutros elementos independentes como as antoloxías e as bases de datos que pola selección ou disposición dos seus contidos constitúan creacións intelectuais. A simple incorporación dunha obra nunha colección non dará lugar a unha derivada para os efectos desta licenza.
- O licenciador é a persoa ou a entidade que ofrece a obra ou prestación nos termos desta licenza e lle concede os seus dereitos de explotación conforme o disposto nela.
- Vostede é a persoa ou a entidade que exerce os dereitos concedidos mediante esta licenza e que non violou previamente os seus termos con respecto á obra ou á prestación, ou que recibiu o permiso expreso do licenciador para exercer os dereitos concedidos mediante esta licenza a pesar dunha violación anterior.
- A transformación dunha obra comprende a súa tradución, adaptación e calquera outra modificación na súa forma da que se derive unha obra diferente. A creación resultante da transformación dunha obra terá a consideración de obra derivada.
- Enténdese por reprodución a fixación directa ou indirecta, provisional ou permanente, por calquera medio e en calquera forma, de toda a obra ou a prestación ou de parte dela, que permita a súa comunicación ou a obtención de copias.
- Enténdese por distribución a posta a disposición do público do orixinal ou das copias da obra ou da prestación, nun soporte tanxible, mediante a súa venda, alugueiro, préstamo ou de calquera outra forma.
- Enténdese por comunicación pública todo acto polo cal unha pluralidade de persoas, que non pertenzan ao ámbito doméstico de quen a leva a cabo, poida ter acceso á obra ou á prestación sen previa distribución de exemplares a cada unha delas. Considérase comunicación pública a posta a disposición do público de obras ou prestacións por procedementos con fíos ou sen fíos, de tal forma que calquera persoa poida acceder a elas dende o lugar e no momento que elixa.
- A explotación da obra ou a prestación comprende a reprodución, a distribución, a comunicación pública e, no seu caso, a transformación.
- Os elementos da licenza son as características principais da licenza segundo a selección efectuada polo licenciador e indicadas no título desta licenza: Recoñecemento, CompartirIgual.
- Unha licenza equivalente é:
- Unha versión posterior desta licenza de Creative Commons cos mesmos elementos de licenza.
- A mesma versión ou unha versión posterior desta licenza de calquera outra xurisdición recoñecida por Creative Commons cos mesmos elementos da licenza (exemplo: Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Xapón).
- A mesma versión ou unha versión posterior da licenza de Creative Commons non adaptada a ningunha xurisdición (Unported) cos mesmos elementos da licenza.
- Unha das licenzas compatíbeis que aparece en http://creativecommons.org/compatiblelicenses e que foi aprobada por Creative Commons como esencialmente equivalente a esta licenza porque, como mínimo:
- Contén termos co mesmo propósito, o mesmo significado e o mesmo efecto que os elementos desta licenza.
- Permite explicitamente que as obras derivadas de obras suxeitas a ela poidan ser distribuídas mediante esta licenza, a licenza de Creative Commons non adaptada a ningunha xurisdición (Unported) ou unha licenza de calquera outra xurisdición recoñecida por Creative Commons, cos seus mesmos elementos de licenza.
Estes dereitos pódense exercer en todos os medios e formatos, tanxíbeis ou intanxíbeis, coñecidos no momento da concesión desta licenza. Os dereitos mencionados inclúen o dereito a efectuar as modificacións que sexan precisas tecnicamente para o exercicio dos dereitos noutros medios e formatos. Todos os dereitos non concedidos expresamente polo licenciador quedan reservados, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo, os dereitos morais irrenunciábeis recoñecidos pola lei aplicábel. Na medida en que o licenciador teña dereitos exclusivos previstos pola lei nacional vixente que implementa a directiva europea en materia de dereito sui generis sobre bases de datos, renuncia expresamente aos devanditos dereitos exclusivos.
Restricións. A concesión de dereitos que supón esta licenza atópase suxeita e limitada ás restricións seguintes:
Este recoñecemento debe facerse de xeito razoábel. No caso dunha obra derivada ou incorporación nunha colección estes créditos deberán aparecer como mínimo no mesmo lugar onde se achen os correspondentes a outros autores ou titulares e de forma comparábel a estes. Para evitar a dúbida, os créditos requiridos nesta sección só serán empregados para os efectos de atribución da obra ou a prestación no xeito especificado anteriormente. Sen un permiso previo por escrito, vostede non pode afirmar nin dar a entender implicitamente nin explicitamente ningunha conexión, patrocinio ou aprobación por parte do titular orixinario, o licenciador e/ou as partes recoñecidas cara a vostede ou cara ao uso que fai da obra ou a prestación.
Ausencia de responsabilidade
SALVO QUE SE CONVEÑA MUTUAMENTE DOUTRO XEITO POLAS PARTES, O LICENCIADOR OFRECE A OBRA OU A PRESTACIÓN TAL CAL (ON AN "AS-IS" BASIS) E NON CONFIRE NINGUNHA GARANTÍA DE NINGÚN TIPO RESPECTO DA OBRA OU DA PRESTACIÓN OU DA PRESENZA OU AUSENCIA DE ERROS QUE POIDAN OU NON SER DESCUBERTOS. ALGUNHAS XURISDICIÓNS NON PERMITEN A EXCLUSIÓN DAS DITAS GARANTÍAS, POLO QUE TAL EXCLUSIÓN PODE NON SERLLE DE APLICACIÓN A VOSTEDE.
Creative Commons non é parte desta licenza, e non ofrece ningunha garantía en relación coa obra ou a prestación. Creative Commons non será responsábel fronte a vostede ou a calquera parte, por calquera danos resultantes, incluíndo, pero non limitando danos xerais ou especiais (incluído o dano emerxente e o lucro cesante), fortuítos ou causais, en conexión con esta licenza. Malia as dúas (2) oracións anteriores, se Creative Commons se identificou expresamente como o licenciador, terá todos os dereitos e obrigas do licenciador.
Agás para o propósito limitado de indicar ao público que a obra ou a prestación está licenciada baixo a CCPL, ningunha parte empregará a marca rexistrada "Creative Commons" ou calquera marca rexistrada ou insignia relacionada con "Creative Commons" sen o seu consentimento por escrito. Calquera uso permitido farase de conformidade coas pautas vixentes en cada momento sobre o uso da marca rexistrada por "Creative Commons", en tanto que sexan publicadas no seu sitio web (website) ou sexan proporcionadas por pedimento previo. Para evitar calquera dúbida, estas restricións no uso da marca non forman parte desta licenza.
Pode contactar con Creative Commons en: http://creativecommons.org/.